Qué ofrecemos?

Ofrecemos unha educación infantil de calidade, proporcionada por mestras tituladas en educación infantil. O noso proxecto educativo ten por eixo o benestar dos máis pequenos, apoiamos o seu aprendizaxe e independencia con cariño e atención.
Nacemos sendo un proxecto social por e para os veciños e veciñas do barrio Santa Marta e a Choupana e así queremos seguir sendo, abertos, lóxicamente, a quen se quera achegar polo noso barrio. 
Sabemos que hai garderías con máis medios materiais e mellor apariencia pero sabemos que eso non é o fundamental para educar e coidar os nenos e nenas. As nosas principais virtudes residen no noso personal cualificado, comprometido, fiable, cariñoso e atento.  


Un xardín de infancia
  • Non é para gardar nenos e nenas, é para educar e coidar; nin é para encerrar, é para estar libre, atendido e seguro.
  • Os nenos e as nenas aprenden cos cinco sentido, co que fai e co que experimenta. As vivencias dos primeiros anos marcan o resto da vida.
  • Nenos e nenas exercitan o seu corpo facendo, xogando, andando. Xogan con todo porque o xogo é a vida da infancia. 
  • Atopa un clima de calor, luz, limpeza e ledicia. Relacionándose coa natureza e co exterior. 
  • Sen perder a compañía e a afectividade de pais e nais, descubre as relacións dos demáis, dan e reciben, fanse sociables, aprenden a querer e a ser querido. 
Tarifas
Curso 2013/2014.
As tarifas correspóndense cos prezos recollidos no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, xunto coa cuota de socios. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario