Historia e xestión

O Xardín de Infancia Santa Marta nace no ano 1976. Neste ano faixe unha enquisa nas casas da parroquia nas que hai nenos e nenas menores de 6 anos, 230 naquel momento; a idea de facer unha gardería foi moi ben acollida. Así, a Asociación de Veciños de Santa Marta (AVESMA), Cáritas e o Concello chegan ao acordo de colocar uns albergues en terreos do Concelllo. Así con 328.500 pesetas, no ano 1978 ponse en marcha o Xardín de Infancia. A partir deste momento a gardería mantense únicamente cos ingresos dos país e axudas de mantemento, nun inicio do Concello e, actualmente, da Xunta de Galicia. Todos os ingresos son destinados a gastos de persoal, gastos xerais e mantemento. Non é un negocio nin hai ánimo de lucro.
En 1980, a Comisión Xestora da A.P.A. do Xardín de Infancia Santa Marta acorda aprobar os estatutos da "Asociación de Pais de Alumnos do Xardín de Infancia Santa Marta" quedando constituída igualmente nese mesmo ano. Ata o día de hoxe, xestionámonos con eses estatutos.
O Xardín de Infancia é "popular, social, sen ánimo de lucro, educativo e asistencial".



1 comentario: