As profesoras

 Antes de nada, vámonos a presentar...
A Escola Infantil Santa Marta formámola as catro traballadoras que aparecemos na foto:
- Begoña (parte superior esquerda)
- Verónica (parte superior dereita)
- Ángela (parte inferior esquerda)
- Angie (parte inferior dereita)
Begoña é puericultora e nós as tres mestras. Cada unha de nós, ten un papel moi importante no coidado, atención e formación dos nenos e nenas, pero sobre todo, gústanos o noso traballo.
Por qué? diredes algúns de vos... Pois, vámosvos a responder en forma de pregunta:

- En que outro traballo, abrazaríannos miles de veces ó día sen pedir nada a cambio?

- Onde, sendo maiores, poderiamos xogar e desfrutar como ananas?

- Quen prestaría tanta atención as nosas palabras e historias?

- En qué outra parte, poderiamos olvidar as nosas preocupacións por ter que atender choros, pelexas ou caídas?

Estos pequenos, sempre teñen un soriso para nós, maravíllanse de todo o que teñen ao seu arredor, afrontan con ilusión cada novo día, nunca perden a curiosidade, e sobre todo, sorpréndennos co que poden chegar a facer.
Poderiamos seguir escribindo miles de razóns pero supoñemos que xa entendedes porque nos gusta o noso traballo...

               
                                                                  Asinado: As traballadoras

Ningún comentario:

Publicar un comentario